lunes, 12 de julio de 2010

En visperas do Debate sobre o estado da Nación



Hoxe o diario “O Correo Galego” publica unha reportaxe da xornalista Mónica Nogueira que fai unha análise previa e desde a perspectiva galega do Debate de política xeral sobre o estado da Nación que comezará o mércores 14 de xullo.


Recolle as miñas declaracións e di que Celso Delgado : “Ten claro que a primeira preocupación dos galegos, do mesmo xeito que a do resto de españois, é que Zapatero aclare como saír do paro e recuperar o emprego, porque un ano logo da última destas citas a situación é moito peor. Ao cidadán galego interésalle moitísimo saber que formulación ten o presidente para deixar de perder emprego e que empece a recuperación"

Respecto de temas especificamente galegos, di a reportaxe: “o parlamentario do PP apuntou que este debate debería aclarar en que medida os recortes en infraestruturas afectan a Galicia. E engade, puxo de manifesto que "non vale que un ministro (en alusión ao de Fomento, José Blanco) diga "vou salvar o AVE", cando "hai moitos proxectos de alta velocidade que están avanzando a pasos moi lentos" e ademais en materia de estradas "hai moitas que van a un ritmo moi inferior ao que terían que ir, ou están totalmente paradas".



E conclúe recollendo que para Celso Delgado, o Goberno socialista "debe de vencer as súas reticencias cara ao Xacobeo 2010 e, logo de perder un semestre sen dar o máis mínimo apoio, Zapatero tería que aproveitar esta ocasión para expresar o seu compromiso con este evento fundamental para Galicia. Na lista de cuestións que, a xuízo do PP, serían esperables deste debate está que Zapatero anuncie que se levanta calquera traba á Lei de Caixas".