miércoles, 28 de julio de 2010

Incendio na Capela do Remedios

Hoxe os ourensáns comezamos o día coa triste noticia do incendio declarado na madrugada na capela dos Remedios, xusto á beira da Ponte Romana.

Ás 9,30 acudinme alí e puiden ver aínda aos bombeiros culminando os traballos de extinción e constatei con estupor a destrución total do interior da capela ademais de parte do seu teito. Afortunadamente a fachada e o sepulcro do Fundador permanecían intactos.

Sobre as 11,30 volvín outra vez e alí puiden tomar contacto co arquiveiro da Catedral, D. Miguel Anxo González, que me comentou a destrución polo lume dos retablos laterais que parecer ser datan do século XVII e o retablo central, de estilo neogótico do XIX e, probablemente, os cadros que se gardaban na tribuna.

Tamén pode saudar ao párroco dos Salesianos que se ocupa desta capela, D. José María Moro e mais tarde ao Administrador Apostólico da Diocese D. Luís Quinteiro.

Ante este revés que afecta a un dos emblemas da nosa cidade, procede pór todos os medios para empezar desde xa a dar os pasos para impulsar e apoiar a súa restauración.

Nese sentido - como anunciei hoxe en rolda de prensa na sede do partido popular - comprometémonos desde o Congreso dos Deputados e desde o Senado a realizar todas as xestións que sexan necesarias ante o Goberno de España para conseguir a colaboración económica que sen dúbida será necesaria para afrontar a rehabilitación completa deste Ben de Interese Cultural.



http://www.laregion.es/noticia/128949/Ourense/capilla/Remedios/fuego/incendios/