Os deputados galegos do PP no Congreso esperamos que o ministro José Blanco, que comparece o mañá na Comisión de Fomento, informe detalladamente sobre como afectan a cada unha das infraestruturas galegas os Plans do Ministerio de Fomento ante o novo escenario orzamentario.
Alta Velocidade:
En materia de alta velocidade, esiximos que se confirmen íntegramente todos os compromisos adquiridos que se recollen no Pacto do Obradoiro.
Este pacto rubricouse o 21 de xullo de 2009 entre o Ministerio de Fomento e a Xunta, logo de recoñecer o propio ministro que o seu Goberno levaba cinco anos cos proxectos do AVE galego gardados nun caixón, xustamente para acelerar e darlles un impulso definitivo en resposta á demanda de mobilidade dos cidadáns e cidadás galegas e así lograr unha mellora do benestar social da Comunidade.
Considero que se trata de executar en prazo non só a conexión entre Lubián e Ourense, e o Eixo Atlántico (Ferrol-Tui), senón tamén as demais liñas (Ourense-Vigo, Ourense-Lugo e Ourense-Santiago), as integracións ferroviarias e as estacións intermodais e tamén comprometer a ansiada conexión de Galicia con Portugal en alta velocidade.
Vinculamos o cumprimento do prazo do 2015 comprometido para a chegada do AVE a Galicia á necesidade de facer un solidario esforzo orzamentario que compense os anos perdidos polos socialistas e instamos ao ministro a xestionar a aceleración da tramitación dos proxectos, licitacións, adxudicacións e obras, dado que o contexto de crecemento da economía por agora non se albisca.
Autovías.
Os populares galegos reclamamos tamén a Blanco que o anuncio de recorte de investimentos non afecte á nosa CC.AA. Neste sentido, afirmo que os socialistas teñen unha obrigación histórica con Galicia para que as autovías galegas non somen máis atrasos aos innumerables e inxustificados atrasos xa acumulados.
Pediremos a Blanco que non haxa rescisións de contratos de ningunha das infraestruturas viarias a executar en Galicia e que non se retarden os proxectos pendentes, absolutamente necesarios para a vertebración territorial da nosa CC.AA.
Os socialistas deben, entre outras, terminar en prazo a Autovía do Cantábrico, a Autovía Ourense-Lugo, a autovía Santiago-Lugo e facer realidade a A-57, o acceso de Pontevedra á Autovía das Rías Baixas, e a Tercería Ronda de A Coruña.
Entendemos que a situación é crítica e sabemos que hai que apertarse o cinto, pero os recortes deben ser solidiarios e non prexudicar sempre ás mesmas comunidades autónomas?
Esiximos a José Blanco que cumpra a súa palabra e demostre que efectivamente Galicia é prioritaria para o Goberno aínda en tempos de crise, xa que o ministro garantiu publicamente en varias ocasións que cumpriría os compromisos e agora é o momento de demostralo.
Espero que Blanco clarifique todos estes aspectos na súa comparecencia de mañá ante a Comisión de Fomento do Congreso e subliña que para o PP é importante non só que se garantan os compromisos de investimento, senón de execución, xa que non é igual que o diñeiro que antes se pensaba gastar nun ano agora gástese en varios.
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=459899