Onte o periodista do periódico “La Región”, José Cruz, firmaba unha información na que daba conta de que as deficiencias obrigaban a demolición do edificio de sindicatos e empresarios que se está reformando no Barco de Valdeorras
Este profesional da contra de que “o baleirado interior do edificio foi iniciado pensando na conservación das fachadas pero que todos estes esmeros non serviron de nada, pois o mal estado da cimentación obriga a botar abaixo toda a construcción”
Tamén dí que o “arquitecto do Ministerio de Traballo que dirixe a obra descartou consolidar os cimentos ao non estar garantida a súa estabilización nun futuro. Ante este problema, o pasado 5 de xullo, solicitou o permiso do Ministerio para modificar o proxecto, unha autorización que foi aceptada 12 días despois”
E engade que a derriba do edificio comezará nos próximos días e que as fachadas da nova construción terán os mesmos trazos estéticos que o orixinal, manténdose o orzamento de 536.605 euros, así como o prazo de execución.
Esta noticia sorprendeume xá que debo recordar que no mes de abril rexistrei unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno socialista pedindo explicacións sobre a paralización das obras de rehabilitación do edificio do Patrimonio Sindical Acumulado, no Barco de Valdeorras.
Lembraba entón que o 21 de outubro de 2008 asinárase o acta de comprobación de replantexo na que se fixaba como data de terminación o 22 de agosto de 2010. Hai que dicir que para que puidesen iniciarse esas obras, xa en outubro de 2008, produciuse o traslado dos sindicatos e das asociacións empresariais e comerciais para a segunda planta do edificio multiusos do Barco.
Tras inexplicables demoras, as obras comezaron a finais de 2009, pero poucos meses despois pararon e por iso fixen as citadas preguntas para que o Goberno confirmara en sede parlamentaria que data ten previsto o Ministerio de Traballo e Inmigración para a conclusión das obras de rehabilitación do edificio do Patrimonio Sindical Acumulado, así como cales son as razóns que explican a paralización das obras.
A realidade e que a data de hoxe o Executivo socialista aínda non respondeu, así que agora vou formular outras para pedir explicacións sobre esta noticia dada por “La Región” e así coñecer as causas de estas deficiências, porqué non foron previstas no proxecto, quen é o responsable, que custos vai a ter e que demora van a representar.
Necesitamos respostas do Ministério de Traballo.
http://www.laregion.es/noticia/128812/deficiencias/obligan/demoler/edificio/sindicatos/empresarios/