Hoxe pola mañá comparecín ante os medios de comunicación na sede do PP ourensán acompañado pola senadora Carmen Leyte, a deputada Ana Vázquez e o tamén senador Isaac Vila.
Carmen Leyte referiuse a aspectos da política económica de Zapatero que colocaron ao noso país nunha situación insostible.
Ana Vazquez dió conta dunha recente resposta do Goberno ás nosas preguntas parlamentarias que poñen en evidencia o desmedido incremento da recadación por expedientes sancionadores por infraccións de tráfico en contraste coa redución do investimento na nosa provincia en materia de Seguridade Viaria.
Isaac Vila referiuse a investimentos do Ministerio de Fomento en Xinzo de Limia, especialmente as relacionadas co Ministerio do Interior.
Pola miña banda fixen unha reflexión sobre investimentos en materia de infraestruturas na provincia, logo da comparecencia de José Branco o pasado día 22 de xullo na Comisión de Fomento e da que xa dei conta noutras entradas deste Blog.
Referinme á A-56, á A-76, á circunvalación de Ourense, á integración ferroviaria do AVE na cidade, ao AVE Monforte-Valdeorras-Ponferrada e á liña Lubián-Ourense.
http://www.laregion.es/noticia/128986/gestion/fomento/perder/empleos/
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/29/pp-denuncia-afan-recaudatorio-sanciones-trafico-provincia/459891.html