jueves, 26 de agosto de 2010

Ourense discriminado tras a comparecencia do ministro José Blanco



Hoxe asistín á intervención do ministro José Blanco na Comisión de Fomento, celebrada esta tarde

O Ministro viña obrigado a explicar o destino que daría aos 500 millóns de euros adicionais que se investirán en 2011 e cos que se mellorarían determinadas actuacións que foran reprogramadas no seu calendario de execución ou rescindidas no axuste anunciado o pasado 22 de xullo.


Recordemos que naquela ocasión o ministro tomou a unilateral decisión de cancelar en Galicia só dúas obras e ambas as relativas á A-56 Autovía Ourense- Lugo : o tramo entre San Martiño-Barreña N. e o San Martiño-Enlace Barrela Norte.

Pués ben hoxe o Ministro elevou a dispoñibilidade duns novos 700 millóns e coñecimos que a provincia de Ourense non recibirá nin un só euro dos fondos adicionais de investimento do Ministerio de Fomento.

Na listaxe das 49 actuacións hoxe repartida na Comisión - que foron reprogramadas no seu calendario de execución ou rescindidas no axuste anunciado o 22 de xullo, non hai unha soa obra en territorio da provincia de Ourense.



Aínda que tres obras que foran rescindidas noutros lugares de España recupéranse agora, o certo é que se continúa mantendo como única rescisión de obras en Galicia a autovía A-56 entre Ourense e Lugo, que tampouco terá en 2010 achega algunha con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas.






Ademais non fixo o Ministro ningunha referencia á A-76, Ourense-Ponferrada, á Circunvalación Norte, ao AVE Ourense-Vigo, ao AVE Ourese-Lugo nin á integración ferroviaria en Ourense.


Considero absolutamente discriminatorio para a provincia de Ourense esta distribución dos 700 millóns de euros adicionais.

Non é de recibo que entre as 49 obras en España, das que 7 están en Galicia, non se inclúa unha soa obra na provincia de Ourense.


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/08/27/delgado-ourense-recibira-euro-500-millones-fomento/467652.html


http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/08/27/0003_8692121.htm


http://www.ourensedixital.com/_novas/10/08/28_02.htm