miércoles, 11 de agosto de 2010

A loita contra os incendios forestais: un obxectivo compartido



Un ano mais na tempada estival e cando as condicións metereolóxicas son mais adversas, temos que falar de incendios forestais, que sen dúbida constitúen unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.

A política de defensa do medio rural contra os incendios é unha política esencial para a Comunidade Autónoma, e que está integrada nun contexto máis amplo de planificación do territorio e de desenvolvemento rural.

Lembremos que a nosa Comunidade Autónoma conta cunha superficie forestal arborada que supera as 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de todo o territorio.

O aproveitamento do potencial deste sector implica a posta en valor do monte para facelo máis produtivo, tamén a xestión forestal sustentable e de calidade e por suposto reducir o número de lumes forestais.

Quero salientar que as actuacións de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galícia, para o presente ano artellanse en torno o Pladiga 2010, un plan aprobado polo Goberno Galego oído o Consello Forestal de Galicia.

O obxectivo fundamental do citado Plan é acadar unha diminución do número de lumes e a superficie afectada por baixo da media rexistrada nos últimos dez anos.

A loita os lumes forestais é un obxectivo compatido entre a Xunta, a Administración Central e as demais administracions locais, pero tamén os propietarios de terreos forestais, os labregos, os gandeiros, as comunidades de montes veciñais en man común, a sociedade do medio rural e en xeral o conxunto da cidadania.

Concentrémonos pois nesta loita na que non caben divisións políticas e agardemos que se acaden os obxectivos marcados .