lunes, 16 de agosto de 2010

A necesaria localización dos autores criminais dos incendios




Galícia está a vivir unha forte oleada de lumes.

Sen dúbida o mais serio foi o acontencido en Fornelos de Montes no que faleceron dous traballadores de Seaga, Julio Martinez Silva e Rodrigo Amo Gonzalez.

Agora acabamos de coñecer que según os informes do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da Xunta que van a ser remitidos ao Xulgado, o lume prendeu en tres focos distintos moi próximos e cunha ignición simple o que amosa claramente que foi intencionado.

Nese mesmo informe sinalase que todo parece indicar que no momento en que os brigadistas comezaban os primeiros labores de ataque ás chamas e a extinción do incendio, un refacho de vento anormalmente intenso fixo que as chamas os rodeasen, sen que tivesen tempo de recuperar a posición do resto da brigada.

Corresponde agora a Xustiza a investigación dos feitos coa colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para localizar os autores criminais deste incendio.

Na loita contra os incendios todos somos necesarios e vexo con satisfacción que a Xunta, que ven de activar o nivel 2 de alerta, teña pedido á Unidade Militar de Emerxencia que reforce estes días a súa necesaria presenza en Galicia, ante o alarmante aumento da actividade delictiva nos montes.