lunes, 23 de agosto de 2010

O Ministro de Fomento debe comprometerse a adicar unha parte importante dos novos 500 millons de euros a investimentos en Galicia

Hoxe na Deputación Permanente e grazas a solicitude de comparecencia do GPP e tamén doutros Grupos, José Blanco terá o xoves pola tarde que explicar na Comisión de Fomento o seu anuncio da pasada semana de que se destinarían 500 millóns adicionais ao investimento en infraestruturas tras o recorte inicial adiantado polo propio ministro, duns 6.400 millóns de euros, e que agora cualifica como excesivo.

Agardo que José Blanco se comprometa inequívocamente a adicar unha parte importante dos novos 500 millons de euros para investimentos en infraestructuras en Galicia.

Hay que lembrar a decepcionante comparecencia de Blanco o pasado 22 de xullo na que o ministro non deu a coñecer a relación dos proxectos a incluír no Plan Extraordinario de Infraestruturas; na que tomou a decisión unilateral de cancelar dúas obras en Galicia relativas á Autovía Ourense-Lugo, ou A-56, esencial para a vertebración do interior de Galicia entre ambas cidades, e na que ocultou a relación das obras galegas afectadas pola ‘reprogramación’ do seu departamento, que conlevará un retraso de un a catro anos.

Considero que Galicia debe ser compensada polo Ministro de Fomento, tendo en conta os retrasos acumulados nos últimos anos dos proxectos galegos a causa da neglixencia e do abandono dos socialistas no Goberno central.

“Non sería de recibo que Galicia sexa esquecida neste reparto e que a maioría dos investimentos vaian unha vez mais as Comunidades Autónomas gobernadas polos socialistas respostando a intereses electorais”.

Denuncio unha vez mais o gravísimo erro que supón recortar o gasto produtivo, xa que redúcese a taxa de crecemento, se incrementa o desemprego, redúcense as cotizacións á seguridade social e ponse contra as cordas a miles de pequenas e medianas empresas.

Recordo que os estudios mais serios revelan que por cada millón de euros investidos en infraestruturas o retorno fiscal para a Administración Publica é de 570.000 euros e que por cada millón de euros que se recorta en investimento destrúense 18 postos de traballo.

Blanco ademais deberá explicar na sua comparecencia do vindeiro día 26, porqué estanse anulando as licitacións de estudos informativos e proxectos construtivos, e a paralización ou ralentización de obras en Galicia, como é o caso a título de exemplo do Autovía do Cantábrico ou do Eixo Atlántico.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/08/24/0003_8686335.htm


http://www.atlantico.net/noticia/108988/blanco/cuentas/congreso/recortes/


http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=493573

http://www.xornal.com/artigo/2010/08/23/economia/blanco-explicara-jueves-recorte-infraestructuras/2010082322311702706.html