lunes, 27 de septiembre de 2010

En Santiago cos mestres perruqueiros de Intercoiffure

    Hoxe viaxei a Santiago de Compostela e tiven a honra de acompañar aos mestres perruqueiros integrados en Intercoiffure na súa visita ao Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo que os recibiu no Pazo de Raxoi.

Encabezaba este grupo de profesionais, o seu presidente nacional, o aragonés Luís Romero que viña acompañado polos anfitrións galegos, ambos os ourensáns, Luís Sánchez Seoane e o seu pai Lito Seoane.


Foi unha ocasión estupenda para falar cos representantes deste sector profesional que tanto contribue á creación de emprego e a satisfacción personal dos consumidores.

A Asociación Internacional de Mestres Perruqueiros Intercoiffure naceu en 1925 en Alemaña, coa vontade de dar un novo impulso á perruquería internacional e reunir aos mellores profesionais do mundo baixo uns ideais de comunicación, respecto e amizade entre os seus membros. Na actualidade forman parte de Intercoiffure máis de 50 países, o que significa tres mil salóns no mundo; a Sección Intercoiffure España incorporouse a esta gran organización en 1984.


Mañá comezaran, a maioría deles,  o camiño de Santiago ao tempo que coñeceran os seus acompañantes diversos lugares da provincia de Ourense.