miércoles, 22 de septiembre de 2010

Esiximos que os PXE para 2011 blinden o Pacto do Obradoiro e que Zapatero non axuste contas co diñeiro que lles corresponde ás infraestruturas galegas


Hoxe, en Santiago de Compostela e facendo de voceiro dos deputados populares galegos no Congreso, din unha rolda de prensa na que esixin que os Presupostos Xerais do Estado para 2011, que serán aprobados o vindeiro venres, blinden o Pacto do Obradoiro e que Zapatero non axuste contas co diñeiro que lles corresponde ás infraestruturas galegas.

Dixen que, Zapatero non debería reclamar o pago inmediato da débeda a Galicia tras seis anos dunha pobrísima execución dos Presupostos Xerais do Estado na Comunidade.

Reclamei ao Goberno central uns Presupostos Xerais do Estado para 2011 fiables, que xeren confianza e que permitan instrumentar a saída da crise económica, que deberían estar sustentados en previsións económicas realistas, ser contundentemente austeros no gasto corrente, presentar un saldo de aforro público positivo e priorizar as políticas con maior impacto positivo na productividade e na competitividade, entre outras a educación, a I+D+i e as infaestruturas.

Fanse precisos, polo tanto, uns presupostos que non permitan que volvamos a caer na situación na que se sumiu a Galicia, que é a de ter que devolver en cinco anos 2.600 millóns de euros que o Estado transferiu de forma irreal a Galicia e que supón diminuír un 5% o presupostos de Galicia ata o ano 2016 incluido.
Nesta liña dixen que Zapatero non pode cadrar os seus desfases presupostarios coas contas públicas e as inversións galegas obrigando á Xunta a realizar unha nova planificación que axuste, concrete e priorice as infraestruturas autonómicas que son imprescindibles para Galicia.

Desde o noso punto de vista, trátase de que o Goberno central compense por unha banda a enorme inexecución presupostaria dos anos precedentes e, pola outra, resarcir do prexuizo ocasionado a Galicia pola presupostación estatal. Engadin que, fomos os que menos recibimos cando as cousas ían ben; e non podemos ser os que menos reciban tamén cando van mal.

Con respecto a isto, apuntei que Zapatero non pode pagar co diñeiro das infraestruturas galegas os seus acordos PNV para manterse no poder e só porque precise do apio dos nacionalistas para non precipitar a súa mudanza da Moncloa.

Dixen: , “bloqueánnos as leis, reclámannos unha débeda irracional, impóñennos modelos de financiación autonómica tóxicos para Galicia… agora non poden completar o póker de agravios cuns PXE inxustos”. E rematei, “é Zapatero o que debe diñeiro a Galicia, non Galicia a que debe diñeiro a Zapatero”.

Pacto do Obradoiro

Apuntei cales son os obxetivos que os populares consideramos que deben cumprir os orzamentos do Estado para 2011 en Galicia. Así, indiquei que en materia de alta velocidade, esiximos que se blinden todos os compromisos adquiridos que se recollen no Pacto do Obradoiro suscrito entre o Ministerio de Fomento e a Xunta, o 21 de xullo de 2009.

Lembrei que ese Pacto asinado entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia o 21 de xullo de 2009 prevé que a finais do ano 2011 entre en servizo a primeira liña de alta velocidade en Galicia entre Ourense-Santiago, con doble vía electrificada e ancho internacional. Ademais, tamén que entre finais de 2010 e principios de 2011 se liciten as estacións de Alta Velocidade en Santiago, Vigo e A Coruña e se axilice o proxecto da estación de Ourense.

Por iso, aclaré que as cantidades que se presuposten deben servir para poder cumprir os prazos comprometidos para as liñas de alta velocidade ás que se refire o susodito Pacto.

Para nos é obrigado, por tanto, dotar presupostariamente para 2011 as partidas para poder executar unha boa parte das obras do AVE que foron licitadas xa en 2009 (1.316 millóns) e para os 3.362 millóns que teóricamente deben licitarse no 2010 e dos que están pendentes a data de hoxe máis do 90%.

Por outra banda, indiqué que, en materia de autovías e estradas, pedimos entre outras, comprometer unha data para a posta en servizo da totalidade da Autovía do Cantábrico, a construcción da A-57 entre Pontevedra e a A-52, a execución da Terceira Ronda na Coruña, e da A-54, autovía Lugo-Santiago, A-56, autovía Lugo-Ourense, A-76, proxectada entre Ourense e Ponferrada, a ampliación da AP-9 ao seu paso por Santiago e a circunvalación norte a Ourense.

Rematei decindo que, os populares estamos á expectativa de coñecer o anexo de inversións dos presupostos, así como a desvelar as dúbidas sobre qué actuacións se incluirán no Plan de Colaboración Público Privado.


http://www.europapress.es/galicia/noticia-pp-avisa-zapatero-no-puede-pagar-dinero-obras-gallegas-acuerdos-pnv-seguir-poder-20100922140315.html


http://www.xornal.com/artigo/2010/09/23/galicia/blanco-critica-recortes-xunta-incoherente/2010092300194600134.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/blanco-carga-incoherencia-xunta/idEdicion-2010-09-23/idNoticia-592816/

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG