Hoxe viaxei a Soutomaior para participar ao pé do seu castelo no acto político do PP de apertura do curso político e escoitar as intervencións principais de, Alberto Núñez Feijóo e de Mariano Rajoy.
O noso Presidente Nacional fixo balance da xestión de Rodríguez Zapatero:
Paro: Dixo que en 1996 o PP chegou ao goberno herdando unha taxa de paro do 22%, e que no ano 2004, o PSOE encontrouse co 10%, porcentaxe que, tan só 6 anos despues, elevou ao 20%. E remachou decindo "Triste e desgraciadamente un gran pais como o noso encabeza as listas de paro de Europa. Ademais, máis do 40% de jovenes que queren traballar non poden facelo”.
Recortes sociais: Afirmou que coa ruptura do Pacto de Toledo de forma unilateral, o Goberno pretende aforrar 1.500 millóns de euros, cantidade igual á que o PP propuña nun plan de redución que recortaba partidas menores. Lembrou que Zapatero acusou ó PP de conxelar no ano 96 os soldos aos funcionarios, "esforzo no seu día necesario para a adopción do Euro". E logo o presidente do PP preguntou a Zapatero "Como pode explicar baixar nun 5% o soldo dos funcionarios de súpeto para que outros paguen os seus erros?".
Recortes en infrestructuras: Rajoy dixo"O ministro de Fomento pasará á historia por ser o ministro que menos obras licitou desde 1977".
Nun discurso de forte contido económico, Rajoy explicou que a crise, e sobre todo a xestión que se fixo, déixanos algunhas leccións para o futuro:
"Hai que dicir a verdade, ser realista porque ser optimista está moi ben, pero se a realidade non ten nada que ver co teu optimismo creas un problema e caes no ridículo".
"Hai que ter un plan, é mellor ter un plan aínda que sexa malo que non ter ningún, porque a xente polo menos ten a que aterse. A etapa dos anuncios e a publicidade ten que ser auga pasada, porque non se pode dicir sobre o mesmo: si, non, e xa veremos...".
Para Mariano Rajoy "a cadeira baleira do señor Rodríguez Zapatero en Rodiezmo, é a plasmación gráfica do engano aos españois"
Hoxe o Goberno de España, afirmou, "é provisional; Hai ministros que anuncian que se van xá e outros que auncian que se van un pouco mais tarde, hai ministros que traballan a tempo parcial porque están noutras cousas, hai ministros que estan metidos nas leas do PSOE porque teñen dous cargos e esquecen as súas responsabilidades. É un Goberno que está só, pero o peor é que é un Goberno sen programa".
Concluíu Rajoy decindo: "non é momento de cambios no Goberno, o que hai que cambiar é ao Goberno, esa sería a mellor medida en politica económica que se podría adoptar hoxe en día no noso país. Habría unha expectativa, se xeraría confianza, seguridade e certidume".