Acabamos de recibir resposta do Goberno a varias preguntas formuladas en xaneiro polos deputados ourensans nas que nos interesabamos pola execución de determinadas partidas orzamentarias a 31 de decembro de 2009 e correspondentes aos PGE para 2009 e así puidemos saber que dos 17.340.680 € orzados para Ourense en 2009 e con destino a Seguridade Viaria, o Goberno socialista só gastou 10.370.433 €, é dicir 6.970.247 € menos do orzado.
Estes negativos datos veñense a sumar aos xa divulgados, correspondentes aos exercicios orzamentarios 2006-2008, cando o Goberno de Zapatero e Blanco non investiu 21.575.852 € dos 45.073.220 € orzados para seguridade viaria na provincia de Ourense, o que representou entón o 47,87% de inexecución.
Estes negativos datos veñense a sumar aos xa divulgados, correspondentes aos exercicios orzamentarios 2006-2008, cando o Goberno de Zapatero e Blanco non investiu 21.575.852 € dos 45.073.220 € orzados para seguridade viaria na provincia de Ourense, o que representou entón o 47,87% de inexecución.
No conxunto dos catros últimos exercicios (2006-2009), o Ministerio de Fomento deixou sen gastar 28.546.099 euros, o que representa o 45,75% do que presupostara para seguridade viaria na provincia de Ourense.
O capítulo de Seguridade Viaria é moi importante para a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, xa que con cargo ao mesmo execútanse obras como: supresión de puntos perigosos, urbanización de travesías, colocación de barreiras de seguridade, sinalización de interseccións, construción de vías de servizo, de pasarelas peonís, acondicionamentos e iluminacións, mellora de trazado e balizamento protección de marxes, control de accesos e de velocidade de semáforos, regulación de accesos., etc.
Temos que engadir, ademais, que aos pésimos resultados de execución do Ministerio de Fomento para Seguridade Viaria en Ourense hai que sumar os datos, tamén negativos, de investimento realizado na mesma materia polo Organismo Xefatura de Tráfico na provincia de Ourense. O Ministerio do Interior investiu en 2009 con cargo ao programa 132B en Ourense 530.813 €, cando no ano 2008 investira 859.866 € .
Temos que criticar que esta falta de execución para mellorar a seguridade viaria en Ourense é aínda máis imperdoable tendo en conta que os ingresos obtidos pola Dirección Xeral de Tráfico por expedientes sancionadores na provincia de Ourense, é dicir, polas multas, non deixaron de crecer desde 2004.
ANO Nº EXPEDIENTES TOTAL EN EUROS
2004 18.650 2.389.116,68
2005 21.297 3.028.441.40
2006 25.370 3.704.978,65
2007 28.544 3.963.503,64
2008 34.560 4.781.687,97
2009 41.656 5.649.018,99
En concreto, os ingresos por multas creceron un 52,50 % entre o 2006 e o 2009.
Consideramos inxustificable este desequilibrio entre o realmente executado en Seguridade Viaria e o ingresado por multas, e pediremos ao Goberno que compense a Ourense nos próximos Presupostos Xerais do Estado para 2011, á vez que pediremos ao Ministerio de Fomento que execute o 100 % a partida de Seguridade Viaria prevista nos PGE de 2010 que ascende a 16.100.330 €.