O Grupo Popular logrou esta semana fora aprobada no Congreso e por unanimidade unha Proposición non de Lei para esixirlle ao Goberno a posta en marcha importantes medidas que beneficiarán aos 190.000 autónomos Galegos, así como as Pemes.
A aprobación da Conta Tributaria, ou o que é o mesmo, a compensación das débedas tributarias dos contribuíntes coas débedas da Administración Xeral do Estado; o cambio no sistema de pago do IVE das facturas, que agora será no momento no que realmente se cobran e non no que se emiten; e a articulación dunha liña ICO para que os Concellos paguen as súas débedas, especialmente a PEMES e Autónomos, regulada na lei de morosidade, son algunhas das medidas para as que o PP logrou o apoio unánime da Cámara Baixa.
Estas medidas forman parte do paquete de 50 propostas económicas que Mariano Rajoy presentou e que pretenden axudar ao país a saír da crise, dada a total ausencia de iniciativas dos socialistas fóra da baixada das pensións e dos anunciados recortes sociais.
Para nos é unha cuestión de sentido común e de xustiza establecer un procedemento que permita a compensación de débedas tributarias pendentes de pago por PEMES e autónomos con débedas recoñecidas e pendentes de cobro procedentes de calquera administración pública.
Se ademais temos en conta as enormes cargas burocráticas que teñen que soportar as nosas PEMES e autónomos e a esixencia que ten un Estado moderno de simplificar os trámites para os cidadáns, a iniciativa popular é de gran transcendencia para aliviar a situación de crise económica e de paro que atravesa España.
Neste sentido, lembramos que o informe de recadación de 2009 publicado pola Axencia Tributaria pon de manifesto que o volume de débedas tributarias pendentes de cobro tense máis que duplicado a nivel nacional nos últimos catro anos, pasando de 4.800 millóns de euros en 2005 a 11.600 millóns en 2009, nada menos que o 76% do que recada a Axencia Tributaria nun exercicio.
O logrado esta semana é un gran avance, xa que no medio desta crise económica que o Goberno é incapaz de atallar, existen solucións prácticas e de sentido común como a que expomos que logrou o apoio unánime da Cámara Baixa.
Os emprendedores galegos están atravesando, como os do resto do país, unha situación especialmente complicada e o Goberno socialista está obrigado a atender as demandas do Parlamento que, a iniciativa do Partido Popular, esixe cambios para que as Pemes e autónomos deixen de estar afogados por unha crise que non provocaron.
Dixemos moitas veces que non hai mellor forma de xerar emprego e riqueza que axudando aos nosos empresarios a crealo. A aprobación da Proposición non de Lei defendida polo PP pode ser a primeira pedra dun camiño que nos permita saír cara á recuperación económica.
Agardo que o Goberno socialista cumpra o mandato da Cámara e non faga, como é habitual, oídos xordos ás demandas do Partido Popular que, por outra banda, non fan senón recoller as necesidades dos cidadáns.