jueves, 2 de septiembre de 2010

Subida do paro rexistrado en agosto tras catro meses de caída



Acabamos de coñecer os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2010 o que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de agosto de 2009 e cos do mes anterior.

PARO REXISTRADO:

A 31 de agosto de 2010 había na provincia de Ourense: 23.520 parados rexistrados, 187 máis que en xullo de 2010 ( 0,80 %) e 1.906 máis que en agosto de 2009.

Distribución por sexo

10.529 homes
12.991 mulleres

Distribución por idades
2.159 menores de 25 anos
21.361 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

741 na agricultura, 3.687 na industria, 3.544 na construción, 12.616 nos servizos e 2.932 sen emprego anterior.

Sen dúbida unha mala noticia que 187 ourensans perderan o emprego e agosto.

En Galicia o paro crece en relación co mes anterior en 1.743 persoas (0,83 %). Pechamos agosto con 211.532 parados, 16.291 máis que fai un ano.

En España: O paro aumenta en relación co mes anterior en 61.083 persoas (1,56 %). Pechamos agosto con 3.969.661 parados, 340.581 máis que fai un ano.

Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal