martes, 12 de octubre de 2010

12 de outubro: Festa do Pilar



Hoxe acudín á Comandancia da Garda Civil de Ourense e asistín á misa en honra da Virxe do Pilar que celebrou o Vigairo Xeral da diocese, D. José Estévez Armada, á homenaxe os caídos pola patria, á imposición de condecoracións e aos discursos que pronunciaron o tenente coronel, José Francisco Martínez García, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo.

 Tamén para escoitar a Real Banda de Gaitas da Deputación e a coral de Velle.


Unha ocasión para estar preto das persoas que integran este Instituto Armado de natureza militar que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e que desempeña un papel decisivo na protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades dos ourensans e de garante da seguridade cidadá.

Parabéns á Garda Civil.