Fai poucos días daba conta neste blog de que na Comisión de Cultura do Congreso se habia aprobado unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular subscrita polos seus deputados galegos e defendida por Ana Vazquez, na que logo de aceptar emendas de PSOE e BNG se dicía: "O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a contemplar nos Orzamentos Xerais de 2011 e nos próximos exercicios orzamentarios, a inclusión da Real Academía Galega, na partida de créditos a Reais Academias do orzamento de educación para que xunto coa española e as institucións análogas catalás e vasca poida ter as mesmas prerrogativas e dispor dunha asignación ecoómica anual similar a estas, ao obxecto de poder relizar programacións estables e coa seguridade dun financiamento adecuado ao importante labor que realiza"
Quince días despois o Goberno de Zapatero, no que se integran tres ministros nacidos en Galicia, presentan un orzamento do Ministerio de Educación para 2011 que en contempla as seguintes partidas de transferencias correntes:
. Institut de Estudis Catalans........ 976.480
. Academia de la Lengua Vasca..... 488.250
. Sociedad de Estudios Vascos...... 649.490
. Real Academia Galega............... 200.000
Significa isto que o Goberno incumpre o mandato do Congreso, que instaba a que houbese unha asignación económica anual similar.
Pero o certo é que para o Pais Vasco vanse 1.137.740 (máis de cinco veces a nosa asignación) e para Cataluña 976.480 (case cinco veces a nosa asignación).
O trato similar implicaría neste caso que a cada Comunidade tocáselle a mesma suma, 771.406,66 €.
Imos esixir ao PSOE que cumpra o comprometido e que se corrixa esta inxustiza para coa Real Academia Galega.
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/30/galicia/1285878100.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Academia/recibira/Estado/quinta/parte/catalana/elpepiautgal/20101005elpgal_16/Tes