martes, 26 de octubre de 2010

Emendas aos PGE 2011 para axudar a saír do desemprego a 23.867 ourensáns.


Das enmendas do GPP aos PGE para 2011 os deputados ourensáns destacamos a que pretende derrogar a conxelación das pensións e permitir así que os 109.083 pensionistas de Ourense poidan ver revalorizada a súa pensión nun 1%.

Tamén ca sus enmeddas o GPP aposta por unha reforma laboral que saliente a generalización do contrato para o fomento do emprego, maior flexibilidade interna da empresa e mellorar a negociación colectiva e tamén reclama un plan de emprego especial para os mozos. Saliento que en setembro había en Ourense 23.867 parados dos que 2.337 eran menores de 25 anos.

Dadas as circunstancias excepcionais deste ano, o GPP pide que se devolvan ao Ministerio de Fomento os orzamentos para, entre outras cuestións, que as obras que afectan a Ourense e que a continuación se especifican sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais:

ALTA VELOCIDADE.-

Lubián-Ourense; Ourense- Lugo; Ourense-Vigo, por Cerdedo; e Ponferrada -Valdeorras- Monforte de Lemos.
Reclamamos tamén que os orzamentos contemplen partidas para a estación intermodal de Ourense e o financiamento necesario para que a chegada da alta velocidade á terceira capital galega fágase atendendo ás demandas cidadás mediante o soterramento de vías.

INFRAESTRUTURAS VIARIAS.-

Desde o GPP demándase ao Ministerio que acredite a posibilidade de pór en marcha todos os tramos da rede viaria que se sinalan e que se atopan en situacións de grave atraso e, no caso de Ourense, solicítase, ademais, que sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais, entre outras, as seguintes vías:

AUTOVIAS e ESTRADAS 

A-76. Ourense-Ponferrada e A-56 Guntin-Ourense.

Entendemos tamén que, no medio urbano, deben reprogramarse as consignacións previstas para a Circunvalación Norte de Ourense, así como a Circunvalación do Barco de Valdeorras.

Igualmente, reclamamos unha partida para a promoción do Turismo Termal con tanta incidencia na nosa provincia.

Dentro de actuacións do Ministerio Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, enmendamos para que se reprogramen as cantidades previstas para o Saneamento e a Depuración na provincia de Ourense e a ampliación da EDAR e, sobre todo, para que aparezan actuacións no Plan Lousas 2007-2013, o gran esquecido do Goberno nestes orzamentos.

Tamén no caso do Ministerio de Cultura pídese especialmente apoio orzamentario para o Arquivo e a Biblioteca Pública de Ourense.