Hoxe o INE deu a coñecer a enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente o terceiro trimestre de 2010 que rexistra un incremento da ocupación, de 69.900 persoas, chegando ata 18.546.800 ocupados no conxunto do Estado.
O número de parados baixa en España en 70.800 persoas, o que sitúa o total de desempregados en 4.574.700.
A taxa de paro descende máis de tres décimas e sitúase no 19,79%.
Pola súa banda, a taxa de actividade sitúase no 60,08 %, practicamente igual que no trimestre anterior.
A creación de emprego que rexistra a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre baséase fundamentalmente nun aumento de 90.000 persoas do emprego público e tamén no efecto estacional derivado de que nos meses de verán son os que rexistran unha maior contratación ligada ao turismo.
É moi preocupantes o aumento significativo do número de parados de longa duración - os que levan máis dun ano buscando emprego- en 61.200 persoas.
Outro dato negativo é que hai 18.500 empregados menos por conta propia, é dicir, autónomos e pequenos empresarios.