viernes, 29 de octubre de 2010

EPA 3º Trimestre: Descenso do paro en Galicia


A taxa de paro en Galicia no terceiro trimestre do ano situouse nun 14,86 por cento, sete décimas por baixo do segundo trimestre. (195.300 parados en total). No segundo trimestre de 2010 situouse no 15,58 por cento (201.800).

O número de ocupados no terceiro trimestre do ano situouse en 1.187.700, superior os 1.093.700 do segundo trimestre de 2010.

A taxa de actividade sitúase no 55,14 % lixeiramente superior a taxa do segundo trimestre, 54,36 %

Este dato reflicte que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste trimestre situouse no 19,79 por cento fronte ao 20,09 do segundo trimestre (preto de tres décimas fronte ás 7 de Galicia) e tamén reflicte unha baixada con respecto ao trimestre anterior.

Polo tanto, mantense o diferencial positivo entre ambas taxas.

Coa taxa do 14,86 por cento, situámonos como a séptima CCAA coa taxa máis baixa do Estado logo de País Vasco, Navarra, La Rioja, Cantabria, Aragón e Asturias.

Con respecto ao trimestre anterior, a taxa de paro baixa en case todas as CCAA, aínda que sube en Andalucía, Navarra e La Rioja

A baixada na taxa de paro débese aos descensos do paro rexistrado que se detectaron durante a época estival.