viernes, 15 de octubre de 2010

Termatalia: Impulso as políticas de Turismo Termal e Desenvolvemento Rural

Hoxe asistín en Expourense ao acto de inauguración da décima edición de Termatalia que presidiu Alberto Núñez Feijóo.

Trátase dunha Feira Internacional de Turismo Termal, a máis importante do sector que ten como principal valedor á Secretaría Xeral para o Turismo do Goberno Galego e Turgalicia.

Despois participei dentro do seminario “Termalismo, Biodiversidade e Desenvolvemento Rural” nunha mesa redonda sobre o impulso ás políticas de turismo termal e desenvolvemento rural, que moderou Francisco Escobedo, presidente do Observatorio Nacional de Termalismo e Desenvolvemento Rural e na que tamén estaba Alberto Fidalgo Francisco, Deputado por Ourense e Joaquim Arnó Porras. Alcalde de Caldes D´Estrac.

Noraboa a todo equipo da Fundación de Feiras que dirixe Alejandro Rubín.