sábado, 2 de octubre de 2010

2011: Recorte dos investimentos do Estado en Ourense

Onte comparecín acompañado da miña compañeira deputada Ana Vázquez, dos senadores Carmen Leyte e Isaac Vila e do deputado autonómico Rosendo Fernández, na sede o PP de Ourense para dar conta dos investimentos que os Orzamentos Xerais do Estado para 2011 contemplan para a provincia de Ourense.

Estos son  os datos:

Consígnanse 253.080.370 €, un 40,81 % menos que en 2010, cando o orzado foi de 427.545.040 €. Hai que dicir que a media nacional de descenso foi dun 29,50 %

Cito os proxectos de maior interese para a provincia:

Ministerio de Fomento, Entidades e Sociedades: 

- Estradas:
. Circunvalación Norte: recibe unha pírrica consignación de tan só 134.100 €.
. A-76 Autovía entre Ourense e Ponferrada: Recibe tan só, 15.040 €. Unha cifra que é unha expresión clara da vontade do Goberno de non levar adiante este proxecto.
. A-56 Autovía Ourense-Lugo: O Goberno suspendeu como é sabido dous contratos en territorio de Ourense e agora consigna 268.200 €. Sorprendente e inexplicable.
. Circunvalación do Barco: recibe uns escasos 134.100 € cando este ano ten 350.000 €. O proxecto non avanza e nin tan sequera ten redactado o proxecto.

. Conservación de estradas e Seguridade Víal: Lamentablemente estas partidas orzamentarias redúcense nun 20 % sobre o previsto neste ano.

- Ferrocarril:
Convencional: A partida para o convenio co ADIF redúcese notablemente pasando dos 19.4444.470 € de 2010 aos 8.783.970 de 2011.

Alta velocidade:

A liña de AVE de Ourense a Santiago está ben dotada con 83.546.000 € o que debería servir para que fose posto en servizo en 2011 que é a data comprometida.

As Liñas de AVE que parte desde Ourense a Vigo e a Lugo reciben consignacións testemuñais que constatan a súa parálise. Así a primeira dótase con 500.000 € e a segunda con 368.500 €. A de Monforte-Valdeorras-Ponferrada queda con 81.380 € o que constata a súa defenestración.

A vital LAV desde Lubían a Ourense recibe unha dotación de 87.071.000 €, superior aos 36.000.000 de € de 2010, pero moi lonxe dos 135 millóns que deberían haberse orzado como mínimo para cumprir os obxectivos marcador polo propio Goberno. Faltan pois 47.931.000 €. Esta pobre consignación unida ao dato de que non comezaron aínda as obras dos primeiros 22 km xa adxudicados e que faltan por licitar os 67 restantes, lévanos a afirmar que se evidencia que os prazos do Pacto do Obradorio non se cumprirán nin de lonxe. Oxalá me equivoque.

Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño:

Actuacións do Plan Pizarras 2007-2013: A pesar de que estaba previsto investir en 2011 un total de 4.225.000 € o certo é que para este proxecto concreto nada se consigna. É unha decisión sorprendente que merece explicacións, especialmente para o decisivo sector louseiro de Valdeorras, un dos motores económicos da nosa provincia.

A nova sede da Confederación Hidrográfica do Norte de España recibe 3.000.000 €.

A EDAR de Ourense, tería que recibir unha consignación de 7.860.000 € pero o certo é que tan só recibirá 4.080.000 €.

O abastecemento de auga á capital da provincia recibe 9.719.000 € con cargo a Acuanorte.

Os Regadíos da Limia son a expresión da incoherencia do Goberno. Recibe unha consignación de 60.000 € (o 0,55 % da cifra que habería de consignarse 10.840.000 €)

Ministerio de Cultura:

O departamento da Sra. Sinde só investirá en Ourense 110.000 €, dos que 70.000 € destínanse ao proxecto do Arquivo e a Biblioteca Pública. É un escándalo esta consignación pués debería recibir non menos de 6.000.000 €

Ministerio do Interior:

O departamento do Sr. Rubalcaba non recibirá un só euro de investimento en 2010 para obras en cuarteis da uaría Civil e Policía.



http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/02/0003_8758425.htm

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/01/galicia/1285956031.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=538161

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/10/02_02.htm