miércoles, 3 de noviembre de 2010

Aumenta o paro rexistrado en outubro e dilúe o leve optimismo da última EPA

Se fai poucos días tiñamos boas noticias da enquisa de poboación activa correspondente ao terceiro trimestre de 2010 agora acabamos de recibir pésimas novas, en concreto os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2010 o que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de outubro de 2009 e cos do mes anterior.

OURENSE:

A 31 de outubro de 2010 había na provincia de Ourense: 25.014 parados rexistrados, 1.147 máis que en setembro de 2010 (4,81 %) e 1.557 máis que en outubro de 2009.

Distribución por sexo

11.304 homes
13.710 mulleres

Distribución por idades

2.414 menores de 25 anos
22.600 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

921 na agricultura, 3.798 na industria, 3.739 na construcción, 13.429 nos servizos e 3.127 sen emprego anterior.

Sen dúbida unha pésima noticia que 1.147 ourensans perderan o emprego en setembro.

GALICIA:

En Galicia o paro crece en relación co mes anterior en 7.799 persoas (3,61 %). Pechamos outubro con 223.894 parados, 14.971 máis que fai un ano.

Distribución por sexo

102.293 homes
121.601 mulleres

Distribución por idades

21.619 menores de 25 anos
202.275 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

6.063 na agricultura, 33.858 na industria, 34.371 na construcción, 122.416 nos servizos e 27.186 sen emprego anterior.

ESPAÑA:
En España o paro aumenta en relación co mes anterior en 68.213 persoas (1,70%). Pechamos outubro con 4.085.976 parados, 277.623 máis que fai un ano.

Distribución por sexo

2.016.471 homes
2.069.505 mulleres

Distribución por idades

459.245 menores de 25 anos
3.626.731 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

131.259 na agricultura, 487.185 na industria, 724.860 na construcción, 2386.591 nos servizos e 356.081 sen emprego anterior.

Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal