Hoxe foi un gran día para Galicia xa que en presencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tivo lugar o acto de sinatura da Escritura de Constitución da Nova Caixa Galega.
Remata así un longo e complexo proceso de fusión das caixas que garante a permanencia da nosa Comunidade no mapa financeiro español evitando perder galeguidade ao ter que aliarse con outras entidades de fóra.
Atrás quedan os momentos máis difíciles da fusión, entre eles o atranco que supuxo o recurso de inconstitucionalidade do Goberno socialista contra á Lei de Caixas Galegas, e que foi rexeitado polo PP e tamen polo BNG dando lugar a un debate o 23 de marzo de 2010 no que tiven a oportnidade de defender na tribuna do Congreso unha fusión de Caixas paritaria, da que nazera unha Caixa eficaz e solvente, como a mellor garantía para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos; unha fusión clave para o futuro dos nosos sectores produtivos e o progreso económico de Galicia.
Noraboa e grazas a todos, especialmente aos que loitaron para acadar este ansiado obxectivo.