Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, que é unha data para en primeiro lugar recordar as vítimas que cada ano se cobra a violencia de xénero e que este ano en España foi especialmente cruel, con 63 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, dúas delas en Galicia.
Traballar para erradicar a este tipo de violencia é un obxectivo prioritario de gobernos e administracións, pero que necesita da colaboración e da concienciación da cidadanía para que a igualdade dos seres humanos, mulleres e homes, sexa unha realidade tamén neste ámbito
Xa que logo e imprescindible avanzar na sensibilización de toda a poboación, e na concienciación da necesidade de denunciar os feitos violentos; tamén na educación en valores de igualdade dos máis novos; e por suposto na atención ás vítimas e na súa recuperación física, psicolóxica e social.
Seguir mellorando a resposta xudicial posterior ás denuncias por violencia de xénero, e un obxectivo prioritario e para elo debemos dotar de máis medios a Xustiza.
Na liña de loitar contra esta lacra, o noso Grupo Parlamentario leva ao debate do Pleno do próximo día 30 unha Moción consecuencia de interpelación urxente ao Goberno en materia de menores vítimas de violencia de xénero.
Nesa Moción constatamos que segundo datos gobernamentais, uns 800.000 menores son testemuñas directas e, nalgúns casos, vítimas da violencia de xénero. Deles, 200.000 son fillos de mulleres que recibiron ordes de protección. Ademais, no 40% dos casos, o home que maltrata á súa parella tamén utiliza a violencia contra os seus fillos, segundo manifestacións do propio Delegado de Goberno para a violencia de xénero. O fogar familiar non pode converterse para moitos nenos nunha ameaza.
Dicimos que os menores que crecen nun fogar onde o pai exerce violencia de xénero non son meras testemuñas pasivas nin poden ser considerados como tales, xa que aínda que non reciban golpes físicos son vítimas directas e como tales han de ser tratados en calquera tipo de actuación da lei integral de medidas contra a violencia de xénero.
Segundo datos da Confederación Estatal de Asociacións de Nais e Pais Separados hai ao redor de 20.000 menores maltratados ao ano.
Por outra banda, é fundamental ter en conta que os fillos son a peza crave na cadea de transmisión interxeneracional da violencia, xa que viven aprendendo unhas relaciones socio-afectivas insanas e nun futuro poida que repitan as malas condutas dos seus pais.
E exposta esa realidade, na nosa Moción dicimos que A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, tan só fai referencia á protección de menores no seu preámbulo, pero apenas se ocupa diso no articulado, xa que non se lles considera vítimas directas ao mesmo nivel que ás nais maltratadas.
Por iso pediremos o vindeiro martes que se vote este texto:
«O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a presentar, no prazo de tres meses, un Proxecto de Lei de modificación do artigo 1 da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de protección integral contra a violencia de xénero, que inclúa aos menores de idade dentro do ámbito de protección da Lei, como vítimas directas da violencia de xénero.»