domingo, 21 de noviembre de 2010

Arco da vella galaico-minhoto




O pasado día quince ás 9,30 horas, estiven na Fortaleza de Valença do Minho que é unha das principais fortificaciones militares de Europa, con 5 km de perímetro amurallado, dominando o Río Miño e fronte á histórica cidade española de Tui.



Trátase dunha obra de arquitectura militar gótica e barroca cuxos primeiros muros construíronse no século XIII e que actualmente posúe un sistema abaluartado, tipo Vauban, edificado nos séculos XVII e XVIII.




Estando nun deses baluartes e ante a presenza dun impresionante arco iris non puiden resistir a tentación de facer estas fotografias- coa sinxela cámara do teléfono movil- que mostran a beleza deste fenómeno óptico e metereolóxico que se produce cando os raios do sol atravesan pequenas pingas de auga contidas na atmosfera.

Desde aí divísase a marabilla deste espazo galaico minhoto.