Sen dúbida tras estas eleccións catalás hai un claro vencedor, Convergencia i Unió, á que dou a miña máis sincera felicitación. Conseguiron crecer 6,85 puntos e obteñen case 1.200.000 votantes.
O descalabro dos partidos do tripartito é maiúsculo, o PSC de Montilla, Corbacho e Chacón perde 8,5 puntos, os republicans de ERC perden 7 puntos e ICV, o cae 2,13 puntos.
O Partido Popular de Cataluña liderado por Alicia Sánchez Camacho, crece 1,68 puntos e suma 67.797 novos votos.
O PP catalán obtén o mellor resultado da súa historia nunha Comunidade que nunca foi fácil para o noso partido e na que temos un forte competidor no espazo de centro dereita, os nacionalistas de Convergencia i Unió.
Os cataláns rexeitaron o tripartito con maior contundencia, se cabe, da que utilizaron os electores galegos en 2009 para dicir “non” ao bipartito PSOE-BNG, , polo que cada día é máis evidente que os electores danse de conta de que as teses das súas alternativas políticas - moitas veceses enfrontadas - non son útiles para saír da crise, senón para agravala.
A derrota do PSC de onte é tamén a do PSOE do presidente Zapatero e a do resto de membros da cúpula do PSOE a nivel nacional, José Blanco incluído.
En conclusión, o PSOE leva perdendo en duas eleccións autonómicas- Galicia e Cataluña - tamán nas pasadas europeas, e todo indica que sufrirá un novo desplome o día 22 de maio de 2011 con ocasión das eleccións municipais e autonómicas.
O tempo o dirá.