jueves, 9 de diciembre de 2010

Non existen máis culpables directos do caos aéreo sufrido en España durante estes días que as condutas intolerables dos controladores


Hoxe en cumprimento da legalidade tivemos no Pleno do Congreso a comparecencia do Presidente do Goberno para explicar as razóns que lle levaron a declarar o estado de alarma para a normalización do servizo público esencial do transporte aéreo.

O Presidente Zapatero afirmou que a situación creada polos controladores obstaculizaba o exercicio do dereito de libre circulación recoñecido a todos os cidadáns, e paralizaba por completo o funcionamento dun dos servizos públicos esenciais como é o transporte aéreo, con graves prexuízos para a economía do noso país e a súa imaxe e responsabilidades internacionais.

E engadiu que, non resultaba esaxerado afirmar que a situación xerada, pola intensidade e a extensión dos seus efectos, e polo modo en que se desencadea -en aberta rebeldía co Estado de Dereito, coas súas normas e institucións-, orixinando unha considerable e crecente alarma social, supuña unha afronta á orde pública constitucional e como tal había que abordala.

Así Zapatero dixo que a Lei de 1981, reguladora dos estados excepcionais, prevé a declaración do estado de alarma no suposto de paralización dos servizos públicos esenciais sen respecto ao previsto no artigo 28.2 da Constitución, e especificamente cando esa paralización implique unha situación catastrófica ou o desabastecemento de produtos esenciais.

E precisou que ambos os elementos concorrían na situación do pasado fin de semana, tanto polo carácter esencial do transporte aéreo, paralizado por completo en España, como pola inobservancia radical e contumaz de canto prevén a Constitución e o Decreto-Lei de relacións laborais en relación co exercicio do dereito de folga en servizos esenciais para a comunidade, como, en fin, polo número de cidadáns afectados e as consecuencias resultantes  para os sectores do transporte, o turismo e os servizos en España así como para a imaxe do noso país.

E afirmou que “o que se xulga hoxe non é un conflito laboral; non é unha folga, non, é unha desobediencia, é un incumprimento flagrante das leis e un desafío á orde democrática”


Por parte do GPP interveu Mariano Rajoy que comezou se intervención afirmando con rotundidade “que neste conflito inadmisible, plantexado polo comportamento duns controladores aéreos que abandonan o seu posto de traballo, bloquean o espazo aéreo español e menosprezan os dereitos dos seus compatriotas, apoiamos ao Goberno no seu defensa da Lei e do interese xeral”


E para que non quedase dúbida remachou: “Non existen máis culpables directos do caos aéreo sufrido en España durante estes días que as condutas intolerables dos controladores. A nosa condena non recoñece atenuantes de ningunha clase. Calquera razón que puidese asistir aos controladores, encargáronse eles mesmos de fulminarla coa súa conduta”

Continuou no seu discurso analizando as raíces deste conflito, e ao papel que, nelas, lle incumbe ao Goberno.

Recordou como en seis anos non foron capaces de acordar un novo convenio colectivo que substitúa ao que finalizou en decembro de 2004. E que tampouco neses seis foron capaces de convocar máis que 150 prazas de novos controladores e todo iso mentres o tráfico aéreo non deixaba decrecer de forma vertixinosa.

Dixo que chegamos ata febreiro deste ano cando Zapatero e o ministro de Fomento pediron ao PP o apoio para un decreto lei que, segundo o ministro, viña solucionar os principais problemas do sector. Pero Rajoy preguntouse ¿e desde entón, que fixeron vostedes? Absolutamente nada, volveron a non facer nada?

Lembrou que en agosto anunciáronnos un principio de acordo cos controladores do que nunca máis se soubo. Dixo entón o señor ministro que “trátase dunha moi boa noticia para todos, especialmente para AENA, os controladores e o sector turístico”

Resaltou Mariano Rajoy que o Goberno, non pode alegar nin falta de apoio, que o tivo, nin ausencia de soportes legais para resolver esta situación. ¿Que sucedeu? Que non se desenvolveron os instrumentos que evitasen o ocorrido.

Quizais porque ten vostede un Ministro de Fomento a tempo parcial, que se dedica ao que non se ten que dedicar e, por iso, non se dedica ao que se ten que dedicar. É dicir, xestionar con eficacia as tarefas propias do seu Ministerio, en lugar de desprazar, con insidias, os seus fracasos á oposición”.

Mais adiante dixo: “non se entende que un Ministro de Fomento ao que lle falta tempo para anunciar prematuramente a solución de todos os problemas, non teña tempo logo para solucionar, polo menos, algún deles”

Despois Rajoy fixo unha pregunta que se fixeron miles de cidadáns ¿A quen se lle ocorreu a brillante idea de aprobar un decreto tan conflitivo como ese en vésperas da ponte festiva máis importante do ano?

”¿ Señor Rodríguez Zapatero foi por imprevisión ou por imprudencia. Ou seica por unha fatal combinación de ambas?

”Todos sabemos o que ocorreu a partir dese momento e todos condenamos. Pero iso non nos impide sinalar ante esta cámara que o seu decreto lei do venres é a proba máis evidente das súas improvisacións e do fracaso da súa xestión”

Concluíu Rajoy dicindo que “Cando os problemas envellecen pola neglixencia do Goberno, resólvense moito peor. Vostede sábeo ben. Ocorreulle coa crise económica, ocorreulle coas reformas, e acáballe de ocorrer cos controladores. É o seu estilo de goberno, señoría: non facer nada ata que non queda máis remedio e, entón, facelo como sexa”