martes, 14 de diciembre de 2010

A situación do Pacto de Obradoiro

Onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo mantivo unha reunión co ministro de Fomento para analizar a situación do Pacto de Obradoiro


O Presidente asistiu ao encontro cunha serie de inquietudes que transmitiu ao José Blanco posto que as licitacións comprometidas no Acordo do Obradoiro non se estaban trasladando ao Boletín Oficial do Estado.

Na xuntanza o ministro de Fomento afirmou que se licitará este mes no DOCE e no primeiro trimestre no BOE e rematará a finais de 2015. Así mesmo, -engadiu- que haberá unha modificación no sistema de financiamento previsto para o AVE galego.

Feijóo afirmou saír da reunión con menos inquedanzas e máis certezas. Reiterou a vixencia do Pacto do Obradoiro ao manterse o obxectivo de finais de 2015 para o remate do AVE .