miércoles, 1 de diciembre de 2010

Debatendo sobre a rede básica de mercancías ferroviarias de Galicia


Hoxe reclamamei ao secretario de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento, o monfortino José Luís Cachafeiro, información concreta sobre cuestións vitais para o desenvolvemento do tráfico de mercancías ferroviarias en Galicia.

No debate conveu con Cachafeiro que é bo para Galicia que existan dúas saídas para as mercancías galegas, ademais da de FEVE. Dixen que o PP apoia a rehabilitación da liña convencional por Zamora, xa que reduce de xeito importante os percorridos, os custos e os tempos de viaxe. Esta liña é perfectamente compatible co outro corredor Monforte-León.

Intereseime polas conexións dos portos galegos a través de acceso ferroviario para superar as escasas porcentaxes de carga transportados por este modo e demandei que se doten de forma rápida os accesos aos novos portos exteriores de Ferrol e A Coruña, ao de Bouzas en Vigo e á ampliación do de Vilagarcía ata O Ferrazo.

Neste sentido, pedin que se free a destrución de vías no Eixo Atlántico e que se recuperen os quilómetros fóra de servizo que aínda existen con plataforma na parte inaugurada entre A Coruña e Santiago, para dar servizo e unir entre si todas as instalacións portuarias entre A Coruña, Vilagarcía, Marin e Vigo, así como a polígonos e áreas loxísticas intermedias.

Dixen que esta vía será imprescindible cando, cara a 2017, cheguen os verdadeiros Aves desde Madrid, que só poden circular por vía UIC e sexa preciso modificar o ancho de vía entre A Coruña e Vigo.

Pedin ao Sr. Cachafeiro que se pronuncie sobre a necesidade de sacar das estacións de viaxeiros de Ourense, Pontevedra, Santiago, Vilagarcía e Monforte as estacións de mercancías coincidentes, para buscar localizacións máis idóneas coa súa finalidade, servizo e necesidade de espazo.

Especialmente, expusen a necesidade de que na estación de Ourense-Empalme, tanto a instalacións actuais destinadas a mercancías, así como os talleres, se trasláden á zona de San Cibrao das Viñas-Taboadela.

Referinme ao anuncio de Fomento de que o ancho das vías polo momento sexa o ibérico ata que no ano 2015 chegue a Alta Velocidade desde Madrid a Galicia, e se cambie o ancho UIC. Asumindo ese feito como algo provisional, preguntei con rotundidade ao secretario xeral de Transportes que previsións tiñan para cando chegue esa data e sexa obrigado cambiar o ancho do Eixo Atlántico, que solución darán entón aos tráficos de mercancías por ese corredor.

Nese sentido, instei a Fomento a pronunciarse de modo urxente sobre a recuperación do Eixo Atlántico convencional, que chegado ese momento podería ser a solución para manter o servizo aos portos e tamén para os servizos de proximidade.