Onte lía no xornal “La Voz Galícia” um esclarecedor artigo de Xosé Carlos Fernández Díaz, Enxeñeiro T. de Obras Públicas, gran coñecedor e estudioso do ferrocarril en todas as súas vertentes, as infraestruturas, o material móbil, os servizos aos usuarios, os transportes urbanos e de mercancías. E que ademais de colaborador habitual de xornais é autor da importante obra “O Ferrocarril en Galícia” que en dous libros analiza o pasado, o presente e o futuro deste medio de transporte.
No citado artigo titulado “Fomento e Ourense” analiza a demanda da sociedade ourensá ao Ministerio de Fomento dunha variante que libere o actual trazado ferroviario polo centro urbano e a necesidade de soterrar as seis futuras vías da estación, e resolver de paso a accesibilidade á futura intermodal.
Argumenta que é posible o soterramento das vías de acceso a estación e que tamén a obra non impedirá a chegada do AVE na súa data.
Comparto ao cento por cento as súas reflexións, feitas desde o rigor e o coñecemento, que todos poden ler de seguido: