Esta martes soubemos que o Ministerio de Fomento, a través do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), remitiu ao Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación das obras de alta velocidade ferroviaria entre Olmedo-Lubián-Ourense, por un importe estimado de 6.500 millóns, IVE incluído.
E ao día seguinte coñecemos que o Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas, Víctor Morlán presentou a máis dun centenar de empresarios os concursos de Colaboración Público-Privada para a adxudicación da liña de Alta Velocidade Olmedo-Ourense-Santiago de Compostela, enmarcado no Plan Extraordinario de Infraestruturas (PEI).
Fomento di que se trata dun concurso para construír a plataforma e a superestructura completa no tramo Olmedo -Orense (344 km) e manter a plataforma e a superestructura completa en todo o corredor (432 km).
O Presidente de ADIF informou aos empresarios que o importe global de licitación (construción e mantemento) está na contorna dos 6.000 millóns de euros e que o procedemento de adxudicación do contrato de colaboración público privada realizarase mediante un procedemento articulado em tres fases.
Agardamos a que o Ministério remita de inmediato toda esta documentación ao Congreso para o seu estudio pólos deputados que integramos a Comisión de Fomento.
En calqueira caso estes anuncios que son unha boa nova responden ao compromiso expresado por Mnistro de Fomento, José Blanco, ao Presidente da Xunta de Galicia o pasado dia 13.
Naquela xuntanza o ministro palntexou unha modificación no sistema de financiamento previsto para o AVE galego. No Pacto do Obradoiro só se contemplaba a posibilidade do modelo de financiamento público-privado na liña Ourense-Vigo e agora o Goberno o fará no tramo Olmedo. Lubián-Ourense.
Pola súa parte o presidente Alberto Núñez Feijóo destacou a vixencia do Pacto do Obradoiro ao manterse por Fomento o obxectivo final do 2015 pese ao evidente deslizamento do inicio, xa que a licitación das obras dos catro tramos de plataforma entre Lubián e Ourense non tera lugar en 2010 senon en 2011.
Agardaremos pois e seguiremos pendentes deste tema esencial para Galicia.