Onte coñecimos unhas manifestacións no Senado do Ministro de Fomento, José Blanco no sentido de que tiña o propósito de cumprir os prazos comprometidos para a chegada do AVE en 2015 pero culpaba á Xunta dos posibles atrasos que se produzan.
Hoxe os deputados galegos do PP no Congreso reaccionamos asegurando que o ministro de Fomento lamentablemente para os galegos cada vez parécese máis á súa antecesora Magdalena Álvarez. José Blanco pasou de presentarse a si mesmo como o único do PSOE que ía cumprir con Galicia (el mesmo recoñeceu que os socialistas tiveran durante cinco anos gardado nun caixón o AVE galego) a ser un máis dos socialistas que menten a Galicia.
Blanco se autoproclamó salvador do AVE galego, leva case dous anos de ministro e foi incapaz de licitar obras e xa que logo de cumprir en 2010 a maior parte dos compromisos que contraeu ao rubricar o Pacto do Obradoiro, e iso débese á falta de vontade política, de capacidade de xestión administrativa dos proxectos e tamén de non asegurar o financiamento necesario nin vía orzamentaria nin a través de plans de colaboración público privada, e en lugar de recoñecelo inicia manobras de distracción para culpar á Xunta.
Os deputados galegos do PP no Congreso tememos que as declaracións do Ministro responsabilizando ao Goberno galego dos posibles atrasos sexan un aviso de que o Executivo de Zapatero vai volver a incumprir os seus compromisos.
Queda menos dun mes para que finalice 2010 e Blanco é consciente de que se iniciou a conta atrás para que os galegos saiban se realmente cumprirá ou non, e por iso está nervioso e intenta botar balóns fóra.
A realidade e que só quedan 29 días para terminar o ano, e José Blanco leva executado menos do 10% do comprometido no Pacto do Obradoiro e ten que dar explicacions convincentes por que non están licitados os 3.100 millóns de euros comprometidos para obras e deixe de buscar escusas de mal pagador.
Integración ferroviaria en Ourense.
Por outra banda os deputados ourensáns censuramos tamén as manifestacións de José Blanco onte no Senado, cando afirmou que as alegacións da maioría sociedade ourensá reclamando o soterramento das vías do AVE na súa integración en Ourense, atrasarían tres anos a posta en servizo e custarían 400 millóns.
Considero que estas manifestacións, sen ningunha explicación técnica nin económica, son simple e sinxelamente unha mentira, e expresan a falta de respecto do Ministro á sociedade ourensá que agarda desde outubro de 2009 a que o Ministerio de Fomento responda aos centenares de alegacións á integración ferroviaria formuladas e que maioritariamente reclaman o soterramento.
Non só o PP, senón innumerables asociacións e colectivos ourensáns, como a Confederación de Empresarios, a Cámara de Comercio, colexios profesionais, técnicos de prestixio ou distintas asociacións veciñais, móstranse claramente partidarios do soterramento como a mellor solución para a integración ferroviaria, xa que permite superar a actual fractura das vías no barrio da Ponte, que data de 1952, liberando chan en superficie para destinalo a finalidades dotacionais, zonas verdes, deportivas, etc.
Blanco non pode tratar a Ourense de modo discriminatorio e ofrecerlle un “sucedáneo” mentres que non dubida en ofrecer a outras cidades a firma de Protocolos e convenios onde se aposta claramente polo soterramento: Talavera de la Reina (3,8 km), Logroño, Léon, Granada, Palencia (2,7 km), Vigo, Xirona, Murcia e o moi recente caso de Santander.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/02/0003_8884680.htm
http://www.europapress.es/galicia/noticia-pp-lamenta-blanco-parezca-cada-vez-mas-alvarez-mienta-gallegos-retrasos-ave-20101201183449.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/12/02/0003_8885165.htm
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/12/02/0003_8885316.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/12/02_05.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/12/03/0003_8887557.htm
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/12/03/feijoo-urge-blanco-decir-ave-gallego-cumbre-dia-13/496969.html
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/02/0003_8884680.htm
http://www.europapress.es/galicia/noticia-pp-lamenta-blanco-parezca-cada-vez-mas-alvarez-mienta-gallegos-retrasos-ave-20101201183449.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/12/02/0003_8885165.htm
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/12/02/0003_8885316.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/12/02_05.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/12/03/0003_8887557.htm
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/12/03/feijoo-urge-blanco-decir-ave-gallego-cumbre-dia-13/496969.html