Esta tarde asistín como invitado ao VII Congreso provincial de Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense.
Tiven a oportunidade de escoitar ao anterior coodinador Roberto Ameijeiras, e os dous relatórios, un sobre 'Mocidade e emprego” e outro sobre a actualidade política provincial.
Tras unha votación foi proclamada presidenta Jackeline Fernández Macías, orixinaria de Castrelo de Miño.
Logo interveu Javier Dorado Soto, presidente de NNXX do PPdeG e pechou o acto o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar.
Os meus desexos de éxito para a nova presidenta e todo o equipo da principal organización política xuvenil de Ourense.