miércoles, 29 de diciembre de 2010

Zapatero debe explicar por que marxinou o ano santo Xacobeo


 Hoxe os medios de comunicación fanse eco dunha nota difundida polos deputados galegos do PP que consideramos que ao facer balance do ano 2010 Zapatero debe explicar na Cámara Baixa por que marxinou durante todo o ano a celebración do Ano Xacobeo e desprezou a Galicia e a todos os galegos ignorando un dos eventos culturais máis importantes de Europa.

Así presentamos unha batería de preguntas porque entendemos que Zapatero debe dar a cara e explicar cales son os motivos polos que non participou en ningún dos actos oficiais do Ano Santo, nin na apertura da Porta Santa, nin fixo un só tramo do Camiño como apoio simbólico, nin asistiu á ofrenda ao Apóstolo durante o Día de Santiago coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo como viña sendo habitual por todos os Presidentes do Goberno.

Esiximos ao Goberno que explique cales son os motivos polos que o Presidente do Executivo socialista, desde o 1 de xaneiro de 2010 ata a data, cando está a piques de concluír o Ano Santo, non visitou Galicia para promocionar o Xacobeo. Trátase dun evento cultural de gran relevancia que, ademais, serve para potenciar o turismo e as visitas a Galicia, algo que nunha situación de crise como a actual debía pesar na decisión de Zapatero, sobre todo sendo esta unha oportunidade única porque ata o ano 2021 non se volverá a celebrar o Ano Santo.

Ao noso xuízo Zapatero desprezou a Galicia durante todo o ano e agora faio unha vez máis clausurando o Ano Santo Compostelán noutra Comunidade Autónoma, polo que reclamamos que se expliquen en sede parlamentaria os motivos polos que esta clausura non se celebrou en Galicia.

Tamén pedimos ao executivo socialista que aclare por que o Goberno non colaborou coa Xunta de Galicia para fomentar e garantir a estabilidade orzamentaria e financeira do Ano Santo Xacobeo 2010 e rexeitou a celebración dun sorteo extraordinario de Lotería como se lle reclamou.




http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=638106

http://www.abc.es/20101229/espana/abcp-zapatero-perdon-20101229.html

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/esperpentica-despedida-asturias-ano-xacobeo/idEdicion-2010-12-21/idNoticia-622754/


Hoxe mesmo tamén se publica no diario "La Voz de Galicia" un artigo de Roberto L. Branco Valdés titulado enigmáticamente "Xacobeo: Zapatero, Chaikovski e Rimski Korsakov" no que analiza a "vergoñosa decisión" de Zapatero de non pór un pié en Galicia para axudar á súa promoción.

Este é o enlace: