Hoxe a edición ourensá do Faro de Vigo publica un traballo do xornalista X.M. do Caño que titula "Ourense perde a metade dos investimentos orzados polo Goberno para 2010" no que recolle as miñas estimacións sobre a previsible execución orzamentaria do executivo socialista de Zapatero no presente exercicio.
Realmente para chegar a coñecer o nivel de execución orzamentaria dun exercicio os deputados da oposición debemos esperar ás veces máis de dez meses desde o peche anual o que ocorre o 31 de decembro.
O Goberno non é transparente e por iso temos que obter a información a través das respostas parlamentarias que chegan tarde e moitas veces son claramente evasivas ou incompletas. Significa isto que ata outubro de 2011, probablemente non podamos chegar a saber con aproximación o que se executou en 2010.
Así que estes cálculos que se poden facer agora son estimacións das principais partidas.
En calquera caso no global de execución non creo que o Goberno chegue a superar en 2010 a porcentaxe do 55 % do orzado para a provincia de Ourense.
Se quere leer esta información pode facelo neste link
Pd. No devandito artigo observo unha errata cando fala do orzamento do Museo Etnológico de Ribadavia. Onde di 16 millóns debe dicir 16.000 euros