Hoxe viaxei a Santiago de Compostela para participar na reunión da Xunta Directiva do PPdeG que tiña por obxectivo a preparación das próximas eleccións locais de maio de 2011.
Ademais do candidato á Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa, interviron os catro presidentes provinciais, o secretario xeral Afonso Rueda e o noso presidente Alberto Núñez.
Feijóo, sinalou a Xunta Directiva que o noso partido presentará “un programa electoral que faga fronte á crise económica e non un que a negue” para as vindeiras eleccións municipais. E indicou que, como na Xunta, o programa electoral do PPdeG para as municipais incluirá proxectos fiables, para que as futuras xeracións non paguen a irresponsabilidade dos seus predecesores e non se repita a situación que obriga a Galicia agora a dar ao Goberno 2.600 millóns de euros que só existiron na súa irrealidade electoral, pois segundo afirmou “temos que facer máis cousas que os bipartitos pero con menos cartos que os bipartitos”.
O noso presidente afirmou que os populares non iremos as eleccións con compromisos irrealizables que ademais de non cumprise supoñan débedas impagables, senón que iremos coa eficacia e a eficiencia por diante, para non cargar aos cidadáns con máis impostos e débedas.
Con gran seriedade, Alberto Núñez, dixoo que para o PPdeG, remataron as eleccións das grandes maquetas e veñen as dos grandes cadros económicos. Así, apuntou que se trata dunhas eleccións decisivas, tanto para os concellos, que están no seu peor momento financeiro, como para Galicia, para que poida consolidar un modelo de cooperación e para España, para contribuír a que haxa un cambio de rumbo.
Así mesmo, Feijóo indicou que hai unha alternativa de xestión ao xa coñecido experimento socialista en España, que reprodúcese en miniatura nos concellos con problemas igual de grandes para os cidadáns, propoñendo un programa que parta da realidade fronte á ciencia ficción do PSOE.
E rematou asegurando o compromiso do PPdeG cunha política económica equilibrada; coa cooperación para que Galicia sexa un país máis competitivo; cunha xestión que substitúa a burocracia e os trámites innecesarios pola eficacia e o servizo público e coa transparencia.
Certamente un serio compromiso.
http://www.youtube.com/watch?v=-hkmjrs4Jes&feature=player_embedded