viernes, 17 de diciembre de 2010

Unha proposta de accesibilidade e permeabilidade



Hoxe acudín á Sociedade Artística "La Troya" do barrio da Ponte para participar nun dos actos da súa semana cultural.

Presentaban a súa proposta sobre a integración ferroviaria do AVE en Ourense dous profesionais de recoñecido prestixio da nosa cidade, Manuel Martínez Rapela, enxeñeiro de obras públicas e Fernando Martínez Lamas, Arquitecto.

A súa intervención foi moi clarificadora.

Fixeron especial énfase na toma das primeiras decisións que son as relativas á accesibilidade á estación e a permeabilidade.

E deron cumprida resposta a moitas preguntas tanto sobre a súa proposta como sobre o estudo do grupo municipal.

Algunhas delas foron as seguintes:

¿PÓDESE SOTERRAR O TRAZADO DO AVE NA PONTE, DESDE O PUNTO DE VISTA TECNICO?

Si. En 350 metros pódense baixar ata sete metros, o que fai factible o soterramento.

¿SERIA MÁIS CARA A OBRA DE SOTERRAMENTO QUE A CUBRICCIÓN PARCIAL?

Non, ou moi pouco mais (máximo 5 millóns mais)

¿ SE SE ADOPTASE AGORA A DECISIÓN DE SOTERRAR: SE RETRASARIA A TERMINACION?

Non. Hai que ter en conta que Fomento non ten nada feito, nin un proxecto que houbese que comezar de novo.

¿CANTO COSTARIA O SOTERRAMENTO DAS VIAS DESDE VELLE ATA A SAÍDA DE SANTIAGO?

Aproximadamente uns 35 millóns de €.

¿EN CANTO ESTIMA O ESTUDO MUNICIPAL O CUSTO DA PRAZA ELEVADA?

En 24,8 millóns de €

¿PÓDESE CONSIDERAR QUE A VARIANTE DE OURENSE E O NOVO VIADUTO SOBRE O MIÑO, COMO INTEGRACION DO AVE EN ORENSE?

Non. Estamos falando dun tramo mais entre Lubián e Ourense, e é de responsabilidade exclusiva do Ministerio de Fomento.

¿SUPÓN ALGUN INCONVENIENTE QUE SE TERMINE O ACCESO DESDE SANTIAGO, PARA O FUTURO SOTERRAMENTO?

Non.

Provisionalmente entrarían os trens en superficie e en ancho ibérico e despois desfaríanse as provisionalidades, como en varias cidades ás que chega o AVE.

¿EN CANTO ESTIMA O ESTUDO MUNICIPAL O CUSTO DA INTEGRACION?

Estímase en 79 millóns de €, incluído o edificio da estación e intermodalidade (autobuses), a praza, etc.