lunes, 6 de diciembre de 2010

XXXII Aniversario da Constitución española



Hoxe pola mañá acudín ao Auditorio da miña cidade e participei nos actos de conmemoración do XXXII Aniversario da Constitución española organizado pola Subdelegación do Goberno en Ourense.

Presidiu o acto o Delegado do Goberno en Galicia Antón Louro e no que se fixo tamén entrega dos galardóns aos 42 alumnos galardoados na XXVII edición dos Premios da Constitución, convocados pola Subdelegación de Ourense, este ano baixo o lema "A democracia nos concellos".

Fago miñas as palabras pronunciadas hoxe em Madrid polo presidente do PP, Mariano Rajoy “É unha constitución que queremos que continúe e dure durante moito tempo porque afirmou os dereitos e as liberdades de todos os cidadáns, creou o estado autonómico, reafirmou a unidade da nación española. É un texto que nos debe agrupar, como xa o fixo no seu momento, a todos os españois en torno ao proxecto común que ela significa"