sábado, 15 de enero de 2011

En Verin, na presentación do candidato a alcaldía







Onte viaxei a Verin para asistir ao acto de presentación de Juan Jiménez Morán como candidato do PP á alcaldía nos próximos comicios municipais de maio.

Verín é nestes momentos o concello mais poboado (14.633 habitantes) dos que goberna o noso partido na provincia e que elixe dezasete concelleiros.

Jiménez, ante un ateigado auditorio fixo un serio repaso do amplo traballo realizado nestes últimos anos nos que Verín experimentou un notable progreso e comprometeuse a seguir traballando con ilusión para os verineses.


 Destacou a importancia do proxecto da Eurocidade e agradeceu ao presidente da Cámara de Chaves, João Batista a sua extraordinária colaboración no impulso a esta gran área de oportunidade.

A continuación interveu o presidente provincial José M. Baltar que encomiou a xestión de Jimenez e dixo que era o mellor candidato do PP en Verin á vez que vaticinou que aumentaría a súa maioría absoluta.


Finalmente pechou o acto o Presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijóo que destacou as calidades do candidato que acumula unha importante experiencia en xestión e que como inconformista que é,  aspira a dar máis aos seus veciños.

A miña felicitación ao PP de Verín póla excelente organización do acto e o meu total apoio a este excelente alcalde, Juan Jimenez.