martes, 25 de enero de 2011

Galicia no mapa financieiro



Con enorme preocupación coñecemos onte o novo bandazo do Goberno socialista que agora anuncia un novo cambio das regras do xogo acordadas hai poucas semanas, plantexando esixir ás caixas de aforros no prazo de seis meses unha condicións de solvencia superiores ás pactadas para o horizonte dos vindeiros cinco anos.

Os criterios internacionais dados por Basilea III para as entidades financeiras, implican unha previsión de core capital para o ano 2015 do 4,5 % ou do 7 % para 2019.

Agora desde o Goberno de Zapatero pretenden que en setembro academos un 8 %, aplicando a España criterios mais duros.

Este sorprendente anuncio é xerador dunha fonda inseguridade xurídica, e debilita e penaliza as Caixas de Aforro, xerando desconfianza. Recordemos que hai ppouco mais de dos meses o Banco de España avalou dun modo claro e rotundo estes proxectos de fusión, entre os que está o de Novacaixagalicia.

A  nosa caixa cumple actualmente os requisitos de Basilea III e desde logo queremos e loitaremos para que esté presente no mapa financieiro español.

Polo de pronto acabamos de solicitar desde o Grupo Parlamentario Popular a comparecencia urxente da Vicepresidenta Segunda, Elena Salgado e do Gobernador do Banco de España para que den explicacións.

Fernández Ordóñez debe explicar a situación real do sector financeiro que levou ao Goberno a anunciar esta proposta e que, pola súa banda, Salgado debe explicar o contido e o alcance do que é a cuarta reforma do sector financeiro nesta Lexislatura.

Ambos teñen que explicar por que din que non serviron as anteriores reformas, cal é a situación real, e que contidos e alcances vai ter o Real Decreto Lei que nos anunciaron onte.