viernes, 28 de enero de 2011

Dramática cifra récord: 4.696.600 parados



Hoxe o INE deu a coñecer os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao cuarto trimestre de 2010.

Son os seguintes:

Ourense:

A taxa de paro en Ourense no cuarto trimestre do presente ano situouse nun 17 por cento. (23.600 parados en total). No terceiro trimestre de 2010 situouse no 15,71 por cento (21.800 parados). Sube o paro en 1.800 personas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano situouse en 115.300, interior aos 116.900 do terceiro trimestre de 2010.

A taxa de actividade sitúase no 48,34 % lixeiramente superior a taxa do terceiro trimestre, 48,20%

Estos datos referidos a Ourense reflicten que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste trimestre situouse no 20,33 % , pero a taxa de Ourense ten diferencial negativa respecto da de Galicia que situouse no 15,69 %.

Debemos estar moi preocupados.

Galicia:

A taxa de paro en Galicia no cuarto trimestre do ano situouse nun 15,69 por cento, oito décimas por enriba do terceiro trimestre. (203.500 parados en total). No terceiro trimestre de 2010 situouse no 14,86 por cento (195.300). Sube o paro en 8.200 personas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano situouse en 1.093.100, inferior os 1.118.700 do terceiro trimestre de 2010.

A taxa de actividade sitúase no 54,43 % lixeiramente inferior a taxa do terceiro trimestre, 55,14 %.

Galicia segue mantendo un diferencial positivo coa media do Estado respecto á taxa de desemprego e pecha o exercicio 2010 cun comportamento mellor en case cinco puntos.

España:

A taxa de paro en no conxunto nacional no cuarto trimestre do presente ano situouse nun 20,33 por cento. (4.696.600 parados en total). No terceiro trimestre de 2010 situouse no 19,79 por cento (4.574.700 parados). Sube o paro en 121.900 personas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano situouse en 18.408.200, interior aos 18.546.800 do terceiro trimestre de 2010. Baixa a ocupación en 138.600 personas.

A taxa de actividade sitúase no 59,99 % lixeiramente inferior a taxa do terceiro trimestre, 60,08 %

Estos datos referidos a España son sumamente negativos. Volvemos a superar o 20 % de tasa de paro e marcamos o nivel mais alto nos últimos trece anos.

En definitiva unha pésima e desmoralizadora nova que pon en evidencia o fracaso en toda regla do executivo de Zapatero ao completo.