sábado, 29 de enero de 2011

Na entrevista da Radio Galega




Hoxe fun entrevistado na Radio Galega no programa dirixido e presentado por Xavier Ares chamado "A entrevista".

Os temas que abordamos foron varios. O primeiro o recente acordo alcanzado polo goberno cos axentes sociais en relación coa reforma das pensións; as insoportables cifras de paro coñecidas esta semana e a incapacidade de Zapatero ante esta situación.

Ocupou tamén unha parte da entrevista as decisións tomadas sorpresivamente polo Goberno en relación coas Caixas de Aforro e dixen que desde o Grupo Parlamentario Popular do Congreso pedimos a comparecencia urxente da Vicepresidenta segunda e do Gobernador do Banco de España para que dean explicacións. Reafirmei a miña confianza no proxecto de NovaCaixaGalicia, como viable, solvente e ao servizo do noso país.

Tamén Xavier Ares preguntoume pola recente reforma da LOREG e destaquei o consenso alcanzado e que se asegura unha maior transparencia nos procesos electorais, incluído o dos residentes no exterior. E entre esas reformas falei dos mecanismos legais introducidos para acabar co transfuguismo dun xeito efectivo.

Saíu tamén a colación as cuestións relativas ás infraestruturas e entre elas as atinentes ao cumprimento do Pacto do Obradoiro. Mostreime realista e lle dí un voto de confianza a este acordo pero ao tempo admitín que hai lentitude na tramitación e que os problemas de financiamento non están resoltos. E preguntado sobre a integración do AVE en Ourense, reafirmei que non hai excusas para o soterramento nin de tipo técnico, nin económico e que a nosa cidade non pode resultar discriminada en relación con outras.

Este é o link de acceso á entrevista.

http://www.crtvg.es/programas/?p=104&m=2