martes, 11 de enero de 2011

Na inauguración da Cidade da Cultura



Hoxe tiven a honra de asistir o acto de inauguración da Cidade da Cultura de Galicia que contou coa presenza dos Príncipes de Asturias.

O Presidente da Xunta abriu o acto destacando a beleza arquitectónica , sorprendente e impactante da Cidade equiparando a súa categoría, a de infraestruturas recoñecidas internacionalmente coma ó MOMA de Nova York, á Ópera de Sidney, ou ao Guggenheim de Bilbao.

Loubou o traballo do arquitecto estadounidense (Newark, New Jersey 1932)   Peter Eisenmann que debuxou as formas do casco histórico compostelán no Monte Gaias consciente da transcendencia doméstica e internacional que podía chegar a ter esta Cidade da Cultura de Galicia e viu nela un complemento perfecto para un dos símbolos máis importantes da nosa terra como é a Catedral de Santiago.

Alberto Núñez afirmou que o Gaiás será un centro de peregrinación cultural que resgarde exemplares únicos, como unha das primeiras edicións de Follas Novas, ou os manuscritos do único Premio Nobel de Literatura galego; e que guíe desde hoxe as bibliotecas e os arquivos de Galicia.

O Presidente emocionouse cando fixo referencia aos nosos emigrantes que conquistaron pacíficamente medio mundo e dixo que os galegos sempre nos sentimos a gusto poñendo o noso gran de area en grandes proxectos, económicos, políticos ou, como este, culturais.

Tivo tamen o recoñecemento para os tres gobernos e tres partidos contribuíron para que fora posible. O Goberno presidido por Manuel Fraga pensouna, iniciouna e abriu o camiño. O Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño tamén creu nela e continuouna. E hoxe, a actual Xunta de Galicia que continúa o traballo dos seus predecesores e asume a honra de abrir as portas da Biblioteca e do Arquivo desta Cidade da Cultura, e de proseguir, coa racionalidade que esixe este momento, con este proxecto.

E rematou agradecendo presencia dos Príncipes, o seu apoio ao Ano Santo, e que avalasen coa su asistencia a Cidade da Cultura un icono, útil para Galicia e para España.

De seguido, Su Alteza Real el Príncipe de Asturias, tomou a palabra para decir en galego que “era unha fonda alegría para a Princesa e para min regresar tan pronto a esta querida cidade de Santiago de Compostela, é reencontrarnos con esta terra de xente excelente: Galicia, pródiga en hospitalidade, en xenerosidade e en vitalidade humana”


Manifestou logo “a súa alegría por compartir cos asistentes a inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia que nos permite recoñecer con orgullo o traballo e a iniciativa, o esforzo e a creatividade desta Comunidade Autónoma, así como a súa contribución ao inmenso patrimonio cultural de España “


E manifestouse convencido de que “as actividades en ambos os edificios reforzarán a vocación europeísta desta terra, marcada polo Camiño de Santiago que canaliza tantas expresións universais de tradición, espiritualidade e saber en todo o noso Continente”

Tamén felicitou a Peter Eisenman “pola paisaxe arquitectónica serena, estimulante e renovadora que logrou concibir e polo seu talento que soubo crear un espazo á altura da riquísima cultura desta terra milenaria"

A miña opinión sobre o acto é excelente pola súa calidez e sobriedade e pola presenza da práctica totalidade da sociedade galega, agás do BNG que desmarcouse pese a ser un partido que durante 4 anos investiu na Cidade da Cultura.

O complexo do Gaiás é realmente magnífico e quede abraiado pola súa beleza.

Foi un día histórico para Galicia.