Hoxe comezamos en 2001 o faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e que se emite en directo os xoves desde as 8,30 ata as 9,30 e no que habitualmente estamos tres representantes de partidos políticos e un xornalista. Nesta ocasión Francisco Jorquera, deputado en Cortes do BNG e José Manuel Lage, deputado autonómico do PSdG.
O tema central de hoxe fué a moi difícil situación económica de España e as dificultades de Españae moi en especial do noso veciño Portugal para colocar a súa débeda en condicións razoables. Aínda que onte as boas noticias de recuperación económica, Alemania- medrou un 3,6 % - e o apoio da UE permitiron que o país irmán non tivera problemas de colocación.
Destaquei o cambio de actitude da Comisión, que está considerando establecer mecanismos para aliviar as tensións especulativas sobre a débeda dos países da eurozona, como a ampliación do Fondo de Estabilidade Financeira ou a coordinación orzamentaria previa a cada semestre europeo e a aceleración da consolidación fiscal.
Tamén falamos do desemprego e da reforma das pensións. En definitiva un faladoiro marcado polo económico.