Hoxe tivemos reunión da Deputación Permanente do Congreso dos Deputados que acordou a convocatoria dunha sesión extraordinaria do Pleno para a próxima semana.
Comezará o martes, 25 de xaneiro, ás 16,00 horas, co debate de toma en consideración das proposicións de lei do Grupo Popular sobre a modificación das Leis de Estabilidade Orzamentaria para garantir a sustentabilidade das finanzas públicas; e do Grupo de ERC-EU-ICV para mellorar a eficacia do réxime de incompatibilidades dos Deputados e Senadores e outros cargos de órganos públicos.
Logo debateranse as proposicións non de lei do Grupo Socialista sobre a elaboración dun Plan de Acción para a execución da Estratexia global para o emprego das persoas con discapacidade; e do Grupo Popular relativa á revisión da normativa dos dereitos e deberes dos alumnos.
Finalmente debateremos e votaremos tamén o informe de avaliación e reforma do Pacto de Toledo, aprobado pola Comisión non permanente de seguimento e avaliación dos acordos do Pacto de Toledo, que é sen dúbida o tema de máis actualidade.
Tamén votaremos as emendas do Senado á reforma da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, que culminaría así a súa tramitación parlamentaria; e o finalmente o ditame da Comisión de Economía e Facenda sobre o proxecto de Lei Orgánica de Economía Sostible, que pasará a continuar o seu trámite no Senado.