Onte foi a primeira xornada de implantación total do Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos e según informa a Consellería de Sanidade desenvolveuse con total normalidade.
Quero salientar que estamos diante dunha aposta decidida do Parlamento de Galicia para dotar de medidas eficaces a sostenibilidade do sistema público sanitario galego, e que polo tanto a Xunta o que fai é aplicar con dilixencia, coordinación e eficacia aquel mandato parlamentario.
A situación actual de crise económica esixe adoptar medidas de forma inmediata e polo tanto estamos diante dunha iniciativa de racionalización do gasto público, e non de invasión de competencias.
A aplicación do Catálogo permite un aforro diario de 300.000 euros só cos 34 principios activos que forman a súa primeira fase, mellorando a eficiencia do gasto farmacéutico do Servizo Galego de Saúde e o fai sen afectar á calidade da asistencia sanitaria que reciben os cidadáns, xa que garante a cobertura de todos os principios activos, polo que todos os galegos teñen á súa disposición os mesmos fármacos que o resto de España.
Coido necesario salientar o compromiso da Xunta - na medida en que a situación económica o permita- de reinvestir os aforros derivados das medidas previstas na lei na mellora do sistema sanitario público, especialmente na Atención Primaria.
Dito o anterior, considero incompatible que Zapatero faga un chamamento á responsabilidade e ao rigor económico no gasto público e o mesmo tempo avise da presentación dun recurso diante do Tribunal Constitucional – a todas luces inxusto - contra o catálogo priorizado de medicamentos.
Unha vez mais o meu apopio a esta iniciativa da Xunta, atendendo o mandato do Parlamento de Galicia, e procuradndo o beneficio da Sanidade Pública.