domingo, 16 de enero de 2011

Sobre o voto emigrante


Hoxe o diario “El Correo Gallego” publica un traballo relacionado coa reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que ratificará o Senado o vindeiro mércores 19 de xaneiro e que no que respecta ao voto dos residentes no exterior nas eleccións municipais suporá que máis de 360.000 galegos inscritos no Censo Español de Residentes Ausentes (CERA) non poidan votar.

O artigo destaca outras novidades da citada proposición de lei como a referida á posibilidade de voto en urna en consulados e embaixadas para os emigrantes e tamén que se desactiva o papel crave dos tránsfugas nas mocións de censura locais, mellorase o sistema de concello aberto que rexe para os pequenos municipios ou adianta o censo válido para unhas eleccións evitando empadroamentos de conveniencia.

Tamén aborda o feito doutra novidade que é que ademais dos cidadáns da Unión Europeaempadronados en España, poderán exercer o seu dereito a voto os procedentes de oito novos países, grazas aos convenios de reciprocidade subscritos entre o Goberno de España e os de Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e Perú.

Entre outras opinións sobre a cuestión recollen a miña como se pode constatar coa súa lectura.