miércoles, 26 de enero de 2011

Tasa de paro xuvenil insoportable


Fai poucas horas tivemos sesión de control ao Goberno e o noso presidente Mariano Rajoy na súa pregunta ao Presidente do Goberno puxo de manifesto que a taxa de paro entre os mozos menores de 25 anos é do 43, 6%. e cualificou eses datos como " insoportables por si mesmos e polo que significa: capital humano desperdiciado e centos de miles de esperanzas frustradas".

Rajoy expplicó que cando Zapatero chegou ao Goberno a taxa de desemprego xuvenil era do 24% e hoxe é do 43%; que na UE era do 18´4% e hoxe é do 21%: é dicir que subiu o 2´6% fronte ao 19% español.

Xa que logo case o 25% dos mozos europeos que están en paro, son españois.

Concluíu coa afirmación de que "Nos sete anos de goberno socialista o retroceso foi tan brutal que nos condenará nun futuro inmediato a facer enormes esforzos para que estas persoas poidan incorporarse ao mundo do laboral".

Lembro que pechamos en España,  decembro de 2010 con 433.774 xovenes menores de 25 anos inscritos como parados rexistrados, deles 21.421 en Galicia e 2.454 en Ourense.

Realmente un problema agudo que o Goberno socialista é incapaz de resolver é que está frustrando as lexítimas aspiracions dos mais novos.