jueves, 24 de febrero de 2011

Preguntas sobre as consecuencias das obras nos túneles de O Folgoso na autovia A-52



A A-52 ou Autovía da Rías Baixas une as localidades de Benavente na provincia de Zamora e Porriño na de Pontevedra, conectando a provincias de Pontevedra, Ourense e Zamora con Madrid.

Os túneles do Folgoso, construídos no ano 1998, son dous tubos unidireccionales de 2.550 m de lonxitude aproximada situados entre os pp.kk. 278,500 e 282,00 da A-52, na provincia de Pontevedra. Serven para proporcionar a comunicación de Vigo e Pontevedra con Ourense.

O Ministerio de Fomento decidiu executar unas as obras de mellora do equipamento e a seguridade nos dous túneles do Folgoso e afirma que debe desviarse o tráfico, de modo que desde o luns 21 de febreiro de 2011 e ata o 30 de Xuño, estará cortado ao tráfico o túnel sentido Vigo-Ourense. E unha vez que pase o verán cortarase ao tráfico durante outros meses o túnel sentido Ourense-Vigo.

Ante este bloqueo total do túnel, dispúxose polo Goberno como única alternativa ao tráfico o desvío ao longo de 22 km pola estrada N-120, de modo que hai que pasar polo alto da Cañiza, atravesar esta localidade e logo reincorporarse á A-52. Iso supón cruzar por tramos limitados a 50 e 60 km/hora, con poucas posibilidades de adiantar a vehículos pesados, con fortes pendentes e curvas de amplo radio e transitar por zonas urbanas.

Calcúlase que se verán afectados non menos de 31.000 condutores por día e padecerán as consecuencias de modo directo os 5.000 veciños do concello da Cañiza. Ademais os prexuízos económicos son enormes pois engade aos percorridos normais un tempo estimado entre 20 e 40 minutos.

Diante de todo o anterior os deputados populares por Ourense e Pontevedra preguntamos ao Goberno: 

¿Que decisións urxentes adoptará o Ministerio de Fomento para solucionar os graves problemas que se están plantexando aos usuarios da Autovía A-52 derivados das obras nos túneles do Folgoso na A-52?

¿Que decisións urxentes adoptará o Ministerio de Fomento para solucionar os graves problemas que se están expondo aos veciños das localidades afectadas polo desvío do tráfico como consecuencia do peche do túnel do Folgoso na A-52?

¿Acelerará o Ministerio de Fomento os prazos de execución das obras nos túneles do Folgoso, na A-52 para evitar os monumentais prexuízos que ocasiona que o desvío do tráfico fóra da autovía?

¿Avaliou o Ministerio de Fomento alternativas ao desvío por peche total dun dos túneles do Folgoso, na A-52, como sería destinar o túnel hábil para o tráfico bidireccional de vehículos turismo?

¿Avaliou o Ministerio de Fomento alternativas ao desvío por peche total dun dos túneles do Folgoso, na A-52, como sería a colocación de semáforos que regulasen o tráfico no túnel hábil?

¿Avaliou o Ministerio de Fomento alternativas ao desvío por peche total dun dos túneles do Folgoso, na A-52, como sería destinar o que os traballos só se realizasen en horario nocturno?

http://www.atlantico.net/noticia/128592/clausura/tunel/

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/28/galicia/1298901587.html